>

26xuñ20:00Noite Branca no ListeARTE E MUSEOS | De balde20:00(GMT+02:00) Museo Liste

Detalles do eventos

O Museo Liste Etnográfico abre as súas portas nun horario especial nocturno con visitas guiadas, exhibicións de pezas exclusivas e actividades paralelas para celebrar a Noite Branca.

Programa de Actividades:

  • 20:00 h | No baúl dos devanceiros, zocas e sombreiros Exhibición comentada polo artesán téxtil Rafael González Goyanes. Un achegamento a toucados e calzado tradicional (sombreiros de palla, canotiers, panamás, zocas ou abarcas) a través de pezas de gran valor etnográfico que non se expoñen habitualmente.

    • Duración: 60 min. Sen reserva previa, ata completar capacidade.

  • 21:30 h | Cambios e permanencias nos hábitos alimentarios: interculturalidade e modernidade Percorrido temático pola colección permanente para comparar a dieta da sociedade tradicional, ligada aos recursos naturais, coa actual, marcada pola globalización e a adopción de gastronomías alleas.

    • Duración: 60 min. Sen reserva previa, ata completar capacidade.

  • 22:30 h | Identidade/Outredade: a cultura enmascarada Unha análise antropolóxica sobre a ocultación do rostro a través de carautas e puchos. Revisaranse máscaras do ciclo de inverno, rituais, iniciáticas, funerais ou de anonimato político.

    • Duración: 30 min. Capacidade limitada a 20 persoas.

  • 23:00 h | A colección permanente: orixe, historia e devir Visita guiada polas educadoras do museo para coñecer a historia do centro, o seu fundador, salas, pezas e segredos.

    • Duración: 60 min. Sen reserva previa, ata completar capacidade.

Ademais de todas as visitas e actividades programadas, durante toda a xornada haberá propostas continuas para os asistentes. Por un lado, o museo habilitará o espazo interactivo Iconas de estilo: toucados e decorados, onde os visitantes poderán converterse en protagonistas fotografándose con diversos toucados tradicionais para as redes sociais da institución. Por outra parte, a leira que circunda o museo acollerá a Libro-Caravan, unha libraría cultural ambulante onde se poderán buscar e adquirir antigüidades curiosas, así como libros de segunda man ou descatalogados relacionados coas temáticas expostas.

Hora

26 xuño, 2026 20:00(GMT+02:00)

Localización

Museo Liste

Calle Pastora, 22, 36210 Vigo, Pontevedra

Other Events