BannerEntroido
BannerArribada

novembro, 2019

30nov21:15NOGEN + OLATZ SALVADORCONCERTOS | Desde 7,00€21:15 La Fábrica de Chocolate

Máis

Detalles do evento

Nøxene non causou indiferenza no curto percorrido que ten ás súas costas. En 2016, Markel Idigoras, acompañado do seu ukelele, cargou de melodías e acordes as primeiras cancións do grupo, no seu Erasmus en Dinamarca. Ao final da estancia, trouxo de volta a Donostia estas ganas de espirse (iso significa Nøxene en danés: Espido) a través das rimas unidas á melancolía do desterro e enseguida contaxiou a Alex Irazusta na guitarra e a Ane Negueruela na voz.

A donostiarra Olatz Salvador, teclista do grupo Skakeitan, lánzase en solitario con ‘ Zintzilik’, un disco “delicado, coidado e que esconde moitos detalles”

Olatz Salvador comezou a desenvolver o seu vínculo coa música desde moi nova. Realizou estudos de piano e solfexo durante a súa infancia e comezou a tocar os seus primeiros acordes coa guitarra durante a adolescencia dunha forma autodidacta. Continuou a súa formación musical con clases de técnica vocal recibidas pola músico Ainara Ortega e formación, tanto, de harmonía musical, como de baixo, recibida na Escola de Música e Danza de Donostia.

Con 20 anos, comezou a tocar sons hammond e sintetizadores na banda Skakeitan, onde segue sendo teclista a día de hoxe. Con todo, non foi ata o ano 2014 cando deu o seu primeiro concerto na sala La Bukowski (Donostia) por mor da primeira edición do festival Bakarrik hobeto fest. Esta actuación resultou ser un punto de inflexión e deu comezo á súa andaina en solitario ata consolidarse como proxecto.

Hora

(Sádado) 21:15

Lugar

La Fábrica de Chocolate

Calle de Rogelio Abalde 22, 36201, Vigo, Pontevedra, 36201 Vigo, Pontevedra

X