Noches de Cantina: Salitre – A Movida

xullo, 2018

28xul23:00Noches de Cantina: SalitreCONCERTO | De balde23:00 La Cantina del Liceo (Bouzas)

Máis

Detalles do evento

Para celebrar o seu primeir verán, La Cantina del Liceo de Bouzas organiza unha serie de concertos durante xullo, agosto e septembro. Tódoslos sábados ás 23:00 horas con entrada libre ata completar aforo.

O sábado 28 de xullo é o turno de Salite un grupo de versións de rock, pop e funk internacional

Salitre é un grupo de versións de Vigo, en formato de cuarteto, fundado en 2013. O compoñen Mariola Norte (voz), Pablo Vila (guitarras e coros), Carlos Pereira (batería e coros) e David Martínez (baixo eléctrico).
Desde os seus inicios ata a actualidade tocaron en numerosas salas de concertos, locais, eventos e bodas por toda Galicia e os súas proximidades.
Salitre caracterízase pola súa creatividade, o seu atractivo e amplo repertorio, e pola súa enerxía en directo. Musicalmente bebe de moitas fontes. Na súa música mestúranse temas de rock, pop e funk internacional con outras influencias, para crear un repertorio variado, pero á vez cohesionado, no que os músicos deixan a súa impronta persoal a través de arranxos creativos, non exentos de virtuosismo instrumental, donde o son rockeiro predomina, pero deixando lugar a influencias de moitos outros xéneros.

Hora

(Sádado) 23:00

Lugar

La Cantina del Liceo (Bouzas)

Rúa de Eduardo Cabello, 8, 36208 Vigo, Pontevedra

X