No verán un conto: RAMONA ÓRBITA, A DONA DO TEMPO

21xul20:00No verán un conto: RAMONA ÓRBITA, A DONA DO TEMPOPEQUERRECHOS | De balde20:00(GMT+02:00) Mercado de Teis

Detalles do eventos

Nova programación de actividades para este novo “No verán… un conto” que en diferentes espazos do concello achega actividades para pasar un anaco de lecer gozando en familia.

Contadas, teatro de rúa, concertos, danzas, xincanas, obradoiros, xogos populares, regueifas… para compartir, participar, gozar… e garantirlle novas primaveras á lingua galega.

Tamén haberá actividade en lingua de signos.

XOVES 21 XULLO – RAMONA ÓRBITA, A DONA DO TEMPO – PAKOLAS

Pakolas guiaranos coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo un universo musical, a través da súa voz e a Guitarra, nun espectáculo individual creado polo propio autor, onde a interacción e participación coas nenas e nenos, a animación, as súas caracterizacións e a súa música son o principal atractivo para o público.

En Ramona Órbita, a dona do tempo, Pakolas preséntanos o seu último librodisco, editado en Sonárbore, na Editorial Galaxia (agosto2020). Neste novo traballo contaremos e cantaremos a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel, que posúe unha horta automática con patacas cibernéticas, e ademais ten unha máquina do tempo, o seu mellor invento. Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas. Así, a través das cancións e a narración, imos saltando a diferentes épocas. Ramona viaxa á prehistoria a comer churrasco de mamut con Manolo Cavernario que acaba de descubrir o lume, visita a Leonardo Da Vinci no Renacemento, acode ao Antigo Exipto cun tal Ramsés que lle cheiran os pés, ou conversa cun robot que ten unha Roda Rota que se fai chamar Time, etc. Todo ata chegar a Benvidas ao Futuro na que cantamos por unha sociedade mais ecolóxica e concienciada co respecto e coidado á natureza.

Para público familiar, idades recomendadas de 4 a 9 anos

En Teis (fronte ao mercado/praza de abastos)

Máis

Hora

(Xoves) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Mercado de Teis

Mercado, 36207 Vigo, Pontevedra

Other Events