VIALIA
bannerPicnicSesions

No verán un conto: O peirao

10ago20:00No verán un conto: O peiraoPEQUERRECHOS | De balde20:00(GMT+02:00) Alameda de Bouzas

Detalles do eventos

Nova programación de actividades para este novo “No verán… un conto” que en diferentes espazos do concello achega actividades para pasar un anaco de lecer gozando en familia.

Contadas, teatro de rúa, concertos, danzas, xincanas, obradoiros, xogos populares, regueifas… para compartir, participar, gozar… e garantirlle novas primaveras á lingua galega.

Tamén haberá actividade en lingua de signos.

MÉRCORES 10 AGOSTO – O peirao – Diáspora Teatro

Actividade: teatro con obxectos
Temática: medio ambiente
Idade recomendada: + de 4 anos

Dous pescadores de contos, como mensaxes en garrafas que chegan á beira. Algunhas veñen de preto outras de lonxe e outras non teñen procedencia. Contos para mirar o redor, a natureza, a nós mesmos, para coidala, para coidarnos. O peirao é un espectáculo sobre o valor da natureza e a relación que temos as persoas con ela. Para querela un pouco máis, para mirala desde un lugar diferente.

Na Alameda de Bouzas

Máis

Hora

(Mércores) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Alameda de Bouzas

Plaza Independencia Praza da Independencia 36211 Vigo Pontevedra

Other Events