
20ago20:00No verán un conto: O peiraoPEQUERRECHOS | De balde20:00(GMT+02:00) Praza da Pedra
Detalles do eventos
Nova programación de actividades para este novo “No verán… un conto” que en diferentes espazos do concello achega actividades para pasar un anaco de lecer gozando en familia.
Detalles do eventos
Nova programación de actividades para este novo “No verán… un conto” que en diferentes espazos do concello achega actividades para pasar un anaco de lecer gozando en familia.
Contadas, teatro de rúa, concertos, danzas, xincanas, obradoiros, xogos populares, regueifas… para compartir, participar, gozar… e garantirlle novas primaveras á lingua galega.
Tamén haberá actividade en lingua de signos.
SÁBADO 20 AGOSTO – O peirao – Diáspora Teatro
Actividade: teatro con obxectos
Temática: medio ambiente
Idade recomendada: + de 4 anos
Dous pescadores de contos, como mensaxes en garrafas que chegan á beira. Algunhas veñen de preto outras de lonxe e outras non teñen procedencia. Contos para mirar o redor, a natureza, a nós mesmos, para coidala, para coidarnos. O peirao é un espectáculo sobre o valor da natureza e a relación que temos as persoas con ela. Para querela un pouco máis, para mirala desde un lugar diferente.
Na praza da Pedra




Máis
Hora
20 agosto, 2022 20:00(GMT+02:00)
Localización
Praza da Pedra
Praza da Pedra 36202 Vigo Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual