bannerGaliciaIlusiona
bannerLatitudes

14xul20:00No verán un conto: Brinca VaiPEQUERRECHOS | De balde20:00 Navia

No verán un conto: Brinca Vai

Nova programación de actividades para este novo “No verán… un conto” que en diferentes espazos do concello achega actividades para pasar un anaco de lecer gozando en familia.

Contadas, teatro de rúa, concertos, danzas, xincanas, obradoiros, xogos populares, regueifas… para compartir, participar, gozar… e garantirlle novas primaveras á lingua galega.

Tamén haberá actividade en lingua de signos.

VENRES 14 DE XULLO – Brinca Vai – Paco Nogueiras

Tipo de actividade: concerto
O músico e actor Paco Nogueiras vai aos seus espectáculos cos seus instrumentos e a súa querida Máquina nunha divertidísima viaxe chea de humor, baile e cancións. As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano (o Magosto, o Samaín, o Entroido, o Nadal) e o respecto á nosa lingua son parte do repertorio. Unha fantástica oportunidade de saltar e pasalo ben cos amigos e amigas nun particular camiño onde a música convértese en sorriso

Na praza da Lagoa, As Teixugueiras, 18-20. Navia

Máis

Hora

(Xoves) 20:00

Localización

Navia

Rúa das Teixugueiras, 12-28 36212 Vigo, Pontevedra

X