AQUALIA

'No te metas en política'

02abr20:00'No te metas en política'ESPECTÁCULOS | Desde 12,00€20:00 Teatro Afundación

Detalles do eventos

QUE RICO TOUR

Mentres deixamos atrás unha maldita pandemia que obrigou a terminar de maneira abrupta a súa anterior xira,  Facu Díaz e Miguel Maldonado volven ao que máis lles gusta: lamer varandas. E farano percorrendo de novo a xeografía do estado aproveitando as viaxes para representar o seu novo show chamado QUE RICO TOUR. Neste espectáculo de luz e cor (algúns o comparan co Cirque du  Soleil)* fan o seu xa clásico repaso das cuestións máis relevantes da actualidade, con trazas de frivolidades sen importancia. Tal e como nos teñen afeitos, Díaz e Maldonado perpetraron un texto brillante que cativou aos seus amigos e familiares máis próximos. Humor, política e quizá algúns resbalones con cascas de plátanos danse cita nun escenario infestado de cables, focos e atrezo doutras representacións. Valo a perder?

Non recomendado para menos de 16 anos

Duración: 90 minutos

Máis