No sin mi lápiz – A Movida

abril, 2018

12abr20:00No sin mi lápizINAUGURACIÓN EXPOSICIÓN | De balde20:00 Detrás do MARCO

Máis

Detalles do evento

O artista e diseñador gráfico Alfredo Palau mostra a súa obra máis recente en “Detrás do Marco”. A exposición será presentada polo autor o próximo xoves, 12 de abril, ás 20:00 horas.

A exposición é unha continuación da que xa desenvolveu en 2016 no mesmo escenario, e que consiste nunha serie de obxetos e pinturas nas que o clásico lápiz amarelo 3 negro (Staedtler do número dous) está presente en todas as obras.

Palau, que actualmente reside en Vigo, desarrollou a súa carreira profesional en Barcelona, donde traballou para grandes marcas como Nestlé, Danone ou Salvat na creación de envases, logotipos e publicidade. Tamén desarrollou unha prolífica carreira como deseñador de carteis e obtivo numerosos premios, sobre todo en Cataluña.

A elección do lápiz como “leit motiv” da súa obra ten que ver co feito de que Alfredo Palau sexa unha persoa sorda de nacimiento, cunha habilidade especial para a expresión a través do debuxo. Esta ferramenta converteuse nunha vía de expresión, e tamén de comunicación, que lle permitiu crecer como persoa e desempeñar unha exitosa carreira profesional.

A exposición permanecerá aberta ata o próximo 5 de maio, e a maior parte das obras expostas están á venda nas propias dependencias de “Detrás do Marco”.

Hora

(Xoves) 20:00

Lugar

Detrás do MARCO

Rúa Londres, 36202 Vigo, Pontevedra

X