Detalles do eventos
Nado en Madrid no ano 1988, David Cepo comeza a interesarse polos escenarios cando contaba con pouco máis de vinte anos. Amosando sempre a súa vis cómica, fórmase
Detalles do eventos
Nado en Madrid no ano 1988, David Cepo comeza a interesarse polos escenarios cando contaba con pouco máis de vinte anos. Amosando sempre a súa vis cómica, fórmase como actor na Escola Municipal de Arte Dramática de Madrid e no centro Estudio 2 de Manuel Galiana, onde é seleccionado para formar parte do elenco de actores que representan obras como HITA, De que falamos cando falamos de amor? ou Terror e miseria do Terceiro Reich.
Na actualidade, ademais do seu traballo en solitario, é presenza habitual no espectáculo Las Noches del Club de la Comedia. A proximidade co público é o seu sinal de identidade, e o seu obxectivo é facer rir ás persoas asistentes, aínda que, segundo el mesmo, a actitude coa que se entra na sala tamén é importante: “Non cruces os brazos, non che entran os chistes”.
David Cepo, cómico de nacemento e influencer por sorpresa, converteuse nunha das figuras máis destacadas das redes sociais grazas á súa espontaneidade e cercanía. Moitos dos seus vídeos fixéronse virais e agora chega ao teatro cun espectáculo cargado de humor, no que o público pasa a ser parte activa da función.
Hora
2 maio, 2026 19:00 - 19:20(GMT+02:00)
Localización
Teatro Afundación
Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo, Pontevedra


