VIALIA

'No Chan' de Ignacio Pérez-Jofre

19feb(feb 19)18:0002mai(mai 2)21:00'No Chan' de Ignacio Pérez-JofreARTE E MUSEOS | De balde(febreiro 19) 18:00 - (maio 2) 21:00(GMT+01:00) Fundación Laxeiro

Detalles do eventos

O artista Ignacio Pérez-Jofre (Madrid, 1965) presenta a exposición individual titulada No chan, formada por obras sobre papel, realizadas nas rúas de Vigo coa técnica de frottage, mediante a que transfire ao soporte as terras do lugar, que actúan como pigmento que rexistra as tramas dos diferentes deseños das
beirarrúas da cidade de Vigo.
O proxecto é un dos resultados da investigación que o artista leva desenvolvendo durante os últimos anos, na que a obra se constrúe a partir dos percorridos urbanos e que, neste caso, adoitan o recurso da pegada como proceso de construción da obra.

No chan retoma o interese de Pérez-Jofre polos procesos pictóricos xerados mediante técnicas de rexistro e transferencia da imaxe que foran xa tema da súa tese doutoral. O proxecto é consecuencia do método do percorrido urbano, adoitado polo artista na súa chegada a Vigo a finais dos anos noventa, cando comezou a percorrer unha cidade nova para el e a rexistrar múltiples fotografías en longuísimos paseos. Esta experiencia levouno a interesarse polo concepto de deriva que o pensador francés Guy Debord (1931-1994) e os seus compañeiros do movemento situacionista adoitaron a finais dos anos cincuenta, como procedemento de achegamento á paisaxe -principalmente urbana- xerador de percepcións subxectivas do territorio, opostas á idea tradicional da cartografía e alternativas á noción de viaxe ou paseo
que implican unha finalidade concreta.

Esta exposición pode visitarse desde o 19 de febreiro ao 2 de maio. Horarios:

De luns a venres: 18.00 a 21.00 h.
Sábado: 12.00 a 14.00 e 18.00 a 21.00 h.
Domingo: 12.00 a 14.00 h.

Máis

Hora

Febreiro 19 (Venres) 18:00 - Maio 2 (Domingo) 21:00(GMT+01:00)

Localización

Fundación Laxeiro

Rúa Policarpo Sanz, 15, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events