Detalles do eventos
A Cultural de Bouzas volve apostar polo teatro na rúa cunha nova proposta pensada para facer barrio e achegar as artes escénicas á veciñanza. O sábado 22 de
Detalles do eventos
A Cultural de Bouzas volve apostar polo teatro na rúa cunha nova proposta pensada para facer barrio e achegar as artes escénicas á veciñanza. O sábado 22 de agosto, ás 20:00 horas, a Alameda Suárez Llanos acollerá a representación de Ñiquiñaque, unha comedia para público familiar da compañía Espectáculos Valente.
Dirixida por Roberto Vázquez e interpretada por Dani Lago e Ángel Blanco, a obra parte dun texto do dramaturgo galego Cándido Pazó e recupera o espírito do teatro ambulante que durante décadas percorreu vilas e prazas. Nesta ocasión, a historia chega cunha versión charangueira e bravú, cargada de humor e referencias á idiosincrasia galega, converténdose tamén nunha reivindicación do patrimonio cultural e inmaterial de Galicia.
A representación terá unha duración aproximada de 75 minutos, estará aberta a todos os públicos e a entrada será de balde.
Hora
22 agosto, 2026 20:00(GMT+02:00)
Localización
Alameda de Bouzas
Plaza Independencia Praza da Independencia 36211 Vigo Pontevedra
Hoxe móvese
setembro



