Nina Ninette

25abr18:00Nina NinettePEQUERRECHOS | 5,00€18:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Nina, valente e alegre a partes iguais, atopa unhas flores moi especiais que a levan a descubrir un mundo fantástico, habitado por seres máxicos, poderosos e divertidos. Todo é tan diferente, tan brillante, tan fermoso! Mais Nina sinte a falta do seu fogar e decide marchar. A cuestión é que ese mundo é un labirinto e como todos os labirintos é moi doado entrar pero ben complicado saír. Será que ela o consegue? Nina Ninette é un conto iniciático que se inspira na estética do ballet triádico para danzar unha historia de beleza e rebeldía.

TRASPEDIANTE

Podes facerte coas entradas a través de http://vigocultura.woutick.es/ ou ben no despacho de billetes do Auditorio os venres e sábados de 18:00 a 20:00 e os domingos de 10:30 a 12:30 e de 16:00 a 18:00.

Domingo 25 ás 12:30 e ás 18:00

Máis

Hora

(Domingo) 18:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events