>
17xulTodo o día19NigranjazzFESTIVAIS E FEIRAS | De balde(Todo o día)(GMT+02:00) A Foz, Ramallosa
Detalles do eventos
O Concello de Nigrán celebra unha nova entrega do seu festival máis lonxevo coa décima novena edición do Nigranjazz no esteiro da Foz. Catro concertos, tres jam sessions e unha masterclass compoñen
Detalles do eventos
O Concello de Nigrán celebra unha nova entrega do seu festival máis lonxevo coa décima novena edición do Nigranjazz no esteiro da Foz. Catro concertos, tres jam sessions e unha masterclass compoñen o cartel do evento.
O xoves 17 o Malabar Pénjamo inaugura a festa cunha Jam Session de Álvaro Orcajo Quartet.
O primeiro concerto chega o venres 18 no Auditorio da Foz do Miñor, da man de Manuel Cebrián, o director da Escola de Música Municipal de Nigrán. De seguido, o flamenco-jazz toma o auditorio co cuarteto da flautista madrileña Carmen Vela. Para pechar esta segunda xornada, Iago Marta Quarteto ofrece unha Jam Session.
O sábado 19, o último día do festival o encabeza o pianista estadounidense Aaron Parks, a gran aposta internacional deste ano. Un dos grandes referentes contemporáneos do jazz imparte unha masterclass no Auditorio do Concello para abrir a programación deste día. Pola noite, actúa o vibrafonista catalán Marcel Pascual en quinteto, precedendo ao concerto de Parks. Ao remate de ditos concertos, Rosolino Marinello Quintet ofrece a Jam Session de clausura, finalizando así esta histórica edición.
Hora
17 xullo, 2025 - 19 xullo, 2025 (Todo o día)(GMT+02:00)
Localización
A Foz, Ramallosa
Paseo Torrente Ballester, 56, 36370 Nigrán, Pontevedra


