14ago19:00NigranbluesFESTIVAIS E FEIRAS | De balde19:00(GMT+02:00) Malabar Beach
Detalles do eventos
O Concello de Nigrán ofrecerá o sábado 15 de agosto no espazo deportivo Dunas de Gaifar a terceira edición do Nigrán Blues, un Festival Internacional que se converteu
Detalles do eventos
O Concello de Nigrán ofrecerá o sábado 15 de agosto no espazo deportivo Dunas de Gaifar a terceira edición do Nigrán Blues, un Festival Internacional que se converteu nunha cita ineludible para os amantes do xénero no sur de Galicia.
O evento, de entrada libre, conta novamente cun cartel de luxo o sábado 15 a partir das 19:00 horas pola banda inglesa Mitch Laddie Band, a portuguesa Nico&The Blue Birds, a cubano-galega Layuca e a galega The Triplets, ademais, previamente en sesión vermú tocará no Malabar Beach de Panxón-Praia América a galega Blue Mondays (13:00 horas).
A maiores, este ano o festival quecerá motores o venres 14 tamén no Malabar Beach cunha jam-session ás 19:00 horas liderada polos músicos locais de Red Duck Blues, responsables de jams en Vigo durante todo o ano e dispostos a compartir a experiencia de improvisar con todo aquel que desexe tocar.
Acompañando á música en directo, o evento ofrecerá unha experiencia completa con food trucks variados e a animación do DJ Phantomatic para manter o ritmo entre concerto e concerto, mentres que o artista vigués Marcos Puingher realizará un espectáculo de live painting, creando unha obra de arte en directo que capturará a esencia da xornada.
Hora
14 agosto, 2026 19:00(GMT+02:00)
Localización
Malabar Beach
Camiño Area Fofa, 3
Hoxe móvese
setembro




