
Detalles do eventos
O Concello de Nigrán abre a súa programación de verán coa nova edición de Solpor Monteferro os días 4 e 5 de xullo, un evento
Detalles do eventos
O Concello de Nigrán abre a súa programación de verán coa nova edición de Solpor Monteferro os días 4 e 5 de xullo, un evento con concertos de balde a partir das 19:00 h. Celébrase nun espazo memorable co “mellor escenario natural do mundo”, no Miradoiro de Monteferro. Ademais, este ano estréase o Nigranbus, un servizo gratuito de autobús para chegar ao recinto.
A programación é a seguinte:
Venres 4 de xullo:
- Los Wavy Gravies: banda roqueira con músicos consolidados na escena galega.
- Mambas negras: un quinteto da comarca con grandes músicos galegos.
- Zalomon Grass: un trío cun estilo definido como ‘Cosmic Blues’, fusionando o Rock clásico dos anos 70 cunha base rítmica de guitarras e melodías potentes.
Sábado 5 de xullo:
- Escola de Música Gain Over: nada en Nigrán no 2013 para favorecer a creación de grupos no concello.
- A Polémica Banda dos Bechuchos: formada en 2005 por un grupo de músicos da banda Lira de San Miguel de Oia, cun repertorio versátil que vai desde o rock ata a música popular.
- The Gotxos Party: banda galega nada no Val Miñor nos 2000 que traballa xéneros como o Punk Rock, Heavy e o Ska Happy.
- DJ Viktor Flores: DJ nigranés, co-fundador do colectivo e Festival Sinsal. Programador musical do Marisquiño e co-programador da sala Mondo Club.
O Nigranbus realizará un percorrido circular de 19:00 h a 00:00 h. Parte da primeira rotonda do SAU de Monteferro ao Monumento á mariña, e viceversa.
Ademais, o evento é inclusivo e ofrece mochilas vibratorias para as persoas xordas, baixa previa solicitude contactando coa organización (mail: info@entresignos.com).
Trátase dunha experiencia única e un referente musical en Galicia, nunha contorna natural con vistas ao mar na que gozar de bandas locais e emerxentes.
Máis
Hora
4 xullo, 2025 19:00(GMT+02:00)
Localización
Miradoiro de Monteferro
Monteferro, 36340 Panjón, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual