Sons de Ardora

26ago18:00Sons de ArdoraFESTIVAIS E FEIRAS | De balde18:00(GMT+02:00) Campo de fútbol Lourido

Detalles do eventos

Vangarda e tradición son os ingredientes principais do festival Sons de Ardora, que se celebrará o venres 26 no campo de Monte Lourido en Nigrán. A Asociación Sons de Ardora organiza a primeira edición deste festival gratuíto coa colaboración do Concello de Nigrán e varias empresas privadas.

Desde as 18:00 horas ata ás 22:30 horas subirán ao escenario do campo de fútbol de Lourido Aparato, Mónica de Nut e Virxilio Da Silva, María Soa, Sekadra, Marta Sempre Arriba, Jara Ortiz, Tropical Boy e Dimi Ferreira. A actriz e monologuista galega Arantxa Treus presentará este evento gratuíto que nace coa intención de promover a música de raíz que bebe da modernidade. O festival disporá de food-trucks e zona de mercado e para os máis cativos o programa ‘Marta Sempre Arriba’ cun espectáculo circense e Jara Ortiz cun contacontos.

Será un festival inclusivo no que as mochilas vibratorias do Concello estarán a disposición de toda aquela persoa xorda que as solicite a través do mail info@entresignos.com ou no WhatsApp 690679675.

Máis

Hora

(Venres) 18:00(GMT+02:00)

Localización

Campo de fútbol Lourido

Rúa Lourido Beiramar, 27, 36370 Nigrán, Pontevedra

Other Events