09abr21:00NEW CANDYSconcertos | 18,00 €21:00(GMT+02:00) La Fábrica de Chocolate
Detalles do eventos
Italia – psicodelia/garage rock/shoegaze Data: Xoves 9 de abril Lugar: La Fábrica de Chocolate Club (c/ Rogelio Abalde 22,
Detalles do eventos
Italia – psicodelia/garage rock/shoegaze
Data: Xoves 9 de abril
Lugar: La Fábrica de Chocolate Club (c/ Rogelio Abalde 22, 36201, Vigo, Pontevedra)
Apertura de portas: 21:00 h
Entradas: Woutick / billeteira – 18 €
Descrición:
Recibimos unha das bandas máis destacadas da escena italiana dos últimos anos. Dende Venecia, New Candys móvese entre a psicodelia máis escura, o garage noise e o post-punk hipnótico.
Cun son cru pero coidadosamente traballado, e unha discografía sólida publicada en selos de referencia como Fuzz Club, New Candys soubo crear unha identidade propia, construíndo cancións que avanzan entre sombras, distorsión e repetición.
Na Fábrica presentarán o seu último traballo, The Uncanny Extravaganza (Fuzz Club), que engade a pegada da electrónica á súa habitual e persoal mestura de estilos como o shoegaze, o garage-rock ou a psicodelia.
Os seus concertos son toda unha experiencia e a súa lexión de fans medrou exponencialmente tras múltiples xiras por medio mundo, destacando festivais como SXSW, Treefort Music Fest, Psycho Las Vegas, Levitation France, Fuzz Club Eindhoven ou Liverpool Psych Fest.
Compartiron escenario con lendas como The Brian Jonestown Massacre, The Dandy Warhols ou The Black Angels, gravaron en directo para KEXP ou Jam in the Van e algunhas das súas cancións apareceron na serie Shameless.
Alabados por iconas como Iggy Pop, Anton Newcombe ou Simon Butler de Primal Scream, a cita de Vigo é unha oportunidade única para velos de preto: unha banda chamada a encabezar festivais.
Hora
9 abril, 2026 21:00(GMT+02:00)



