REVISTA ABRIL

 Neus Motos

17feb22:30 Neus MotosESPECTÁCULOS | De balde22:30(GMT+01:00) A Nosa Rúa

Detalles do eventos

Neus Motos actuará este venres 17 de febreiro na Churrasquería A Nosa Rúa de Vigo (Beade). Unha bomba de reloxería que transforma o drama máis cotián na comedia máis descarada. A Neus volve a Vigo co seu humor cañero e cargada de novas vivencias.

Nieves Motos Canle, máis coñecida no mundo da comedia polo seu nome artístico Neus Motos, é unha cómica mal falada, mortal para as persoas sensibles… ideal para os que gustan do politicamente incorrecto.

Esta catalá é titulada na Escola de comedia, centro de artes escénicas PERFORMART de Horta. Realizou dous anos de cursos de imitación e outros dous anos de Clown. A maiores, seguiu a súa formación con varios cursos de comedia, de improvisación e de escritura con Carolina Noriega, Quique Macías, Miguel Ángel Martín, David García Prieto e Albert Boira.

RESERVAS DE MESA NO 693603658

Máis

Hora

(Venres) 22:30(GMT+01:00)

Localización

A Nosa Rúa

Camiño De Alen 2, 36312 Vigo Beade, Pontevedra

Other Events