xullo, 2019

05xul20:30Neorretranca e PosmorriñaESPECTÁCULOS | Desde 6,30€20:30 Teatro Afundación

Máis

Detalles do evento

FANTASÍA Nº 5 EN SOL OU NON

Unha varredora baila levando a area que moveu a treboada de novo no seu sitio: recoloca o mundo atacado polo home. Alguén pinta no muro “Viva España”. Unha vella agarda pola morte. Mentres tanto, a moza que vai saír de marcha non sabe como combinar a saia de Zara co pano tan bonito da súa bisavoa. No micrófono, alguén berra: XA NON HAI TEMPO PARA APOIARSE NAS PAREDES. E na parede, alguén pinta: MIÑA NAI FALA GALEGO MI PADRE HABLA CASTELLANO 50 AÑOS FELICES As vellas botan “gasofa” na terra para que medren as cenorias. E nós preguntámonos cando chegará unha xeración verdadeiramente apaixonada, unha desas de LUME (pero outro lume, eh!). En proscenio: a maleta.

BOISACA OU A DIVINA DESGRAZA

O dramaturgo, encarnado nunha actriz veterana, ten que escribir unha obra de teatro sobre a identidade nacional, coa posibilidade de que esta sexa representada no CDG. Para conseguilo, convoca a escritora Mary Shelley, para que o acompañe nunha viaxe ao outro mundo na procura do seu pai. No seu camiño encóntrase con algúns dos mortos que construíron, cada un co seu propio anaco, ese monstro que é a identidade nacional galega.

TEXTO: Neorretranca e posmorriña, a partir de Fantasía nº 5 en sol ou non Esther F. Carrodeguas e Boisaca ou a divina desgraza Roi Vidal Ponte

DIRECCIÓN: Gena Baamonde

ELENCO: Ánxela Blanco, Areta Bolado, Olga Cameselle Mercedes Castro, Raquel Espad, Anabell Gago, Atenea García Andrea Quintana, María Roja e Laura Villaverde

ESCENOGRAFÍA: Marta Pazos

VESTIARIO: Saturna

CARACTERIZACIÓN: Esther Quintas

ILUMINACIÓN: Wilma Moutinho

MÚSICA E ADESTRAMENTO VOGAL: Ailén Kendelmann

COREOGRAFÍA E ADESTRAMENTO FÍSICO: María Cabeza de Vaca

ASESORÍA LINGÜÍSTICA: Rosa Moledo

ASISTENTE DE ESCENOGRAFÍA: Carmen Triñanes

ASISTENTE DE MÚSICA E ADESTRAMENTO VOGAL: María Alonso Velázquez

ASISTENTE DE DIRECCIÓN: Iria Acevedo

ASISTENTE DE PRODUCIÓN: Hugo Torres

Hora

(Venres) 20:30

Lugar

Teatro Afundación

Policarpo Sanz ,13 36202

X