Nenas transgresoras na LIX
Detalles do eventos
Marta Neira Rodríguez, Isabel Soto López (Coordinadoras) «Nenas transgresoras na LIX» é o novo monográfico da Rede Temática de Investigación. A obra
Detalles do eventos
Marta Neira Rodríguez, Isabel Soto López (Coordinadoras)
«Nenas transgresoras na LIX» é o novo monográfico da Rede Temática de Investigación. A obra achégase ás personaxes nenas que na Literatura Infantil e Xuvenil dos diferentes ámbitos do marco ibérico e iberoamericano romperon ou rompen con estereotipos de xénero. Ábrese cun estudo sobre o tratamento dos estereotipos da nenez nos contos para, a seguir, acoller aqueles traballos centrados nas literaturas infantís e xuvenís dos diferentes ámbitos (castelán, catalán, galego, portugués, vasco, brasileiro e mexicano) e como estas representan as nenas que transgriden a norma. Como é habitual nas publicacións desta rede interdisciplinar de investigadoras e investigadores, en «Nenas transgresoras na LIX» tamén se pode atopar un conxunto de obras axeitadas para educar literariamente e que abordan a temática, así como comentarios sobre algunhas das máis significativas.
Máis
Hora
8 febreiro, 2024 19:00(GMT+02:00)
Localización
Biblioteca Juan Compañel
Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes