
05xuñ16:0021:00Navia co XacobeoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde16:00 - 21:00 Navia
Detalles do eventos
Navia co Xacobeo é unha iniciativa presentada pola Asociación Veciñal Novo Vigo que ten prevista a súa realización presencial o día 5 de Xuño do 2021 no barrio de Navia, na cidade de
Navia co Xacobeo
Navia co Xacobeo é unha iniciativa presentada pola Asociación Veciñal Novo Vigo que ten prevista a súa realización presencial o día 5 de Xuño do 2021 no barrio de Navia, na cidade de Vigo. A iniciativa pretende poñer en valor o patrimonio cultural, natural e humano do Camiño de Santiago, así como destacar o valor turístico e gastronómico de diferentes localidades que integran os Camiños no seu paso por Galicia. O evento ten un carácter universal en canto á idade das persoas asistentes, e resulta atractivo e didáctico a partes iguais para persoas de 0 a 99 anos.
- Santiago é a derradeira parada do noso Camiño de Navia, eixo vertebrador da proposta NAVIA CO XACOBEO. Debido a crise actual do COVID-19 esta aventura terá dous camiños: UN CAMIÑO DIXITAL e outro presencial. NAVIA EN RUTA.
- O día 5 de Xuño entre as 16h e as 21h aventura presencial recollerase a compostelnavia nun dos puntos de información situados polo barrio de Navia o día 5 de Xuño. Alí aparecerán diferentes ocos que deberás selar na ruta do CAMIÑO DE NAVIA, así que xa sabes… A CAMIÑAR!
- Cando remates a ruta e xa teñas selada toda a túa compostelnavia, terás que introducila cos datos solicitados nunha das urnas que atoparás nos postos. Dende ese momento terás a opción de entrar nun SORTEO que te levará a vivir experiencias en zonas polas que pasa o CAMIÑO DE SANTIAGO.
- Por outra banda, a partir do 30 de Maio comeza a ruta dixital.Aquí teredes que ir moi atentos/as día tras día para facer as actividades que se requiren. Cada día, aparecerá un novo vídeo cunhas indicacións para acceder ao SORTEO.

Máis

(Sábado) 16:00 - 21:00
Navia
Rúa das Teixugueiras, 12-28 36212 Vigo, Pontevedra