FAITE AMOVIDALOVER

31mai21:00Nativo e TanDuB ofrecen na Rebullón unha festa de mestizaxe e músicas do mundoCONCERTOS | Desde 10,00 €21:00(GMT+02:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

A xira conxunta “Soy Tour” de Nativo e os ourensás TanDuB desembarca este sábado, 31 de maio, ás 21 horas na sala Rebullón, unha noite de música fusión para gozar en vivo.

As entradas xa están á venda, na cantina do CSCD As Pedriñas e tamén online, desde 10 euros en anticipada ou 13 na billeteira.

Nativo é unha banda Crossover que fusiona diferentes xéneros musicais, tales como o reggae, o funk, o rock, a cumbia, o hip hop e ata a música árabe, creando así un son único e característico. Creada en Kiel (Alemaña), Nativo trata aspectos sociais nas súas cancións, como a importancia de preservar e manter unha conexión coa natureza e o entendemento intercultural.

O grupo vén á Sala Rebullón acompañado de TanDuB, un proxecto que fusiona a música tradicional gnawa (do norte de Marrocos) con outros xéneros como o reggae, o drum&bass ou a electrónica. Mesturan instrumentos clásicos dunha banda, a electrónica e instrumentos tradicionais marroquís, como o hajhouj ou as carcabas, para lograr un son moi característico que non deixa indiferente a ninguén.

Hora

31 maio, 2025 21:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events