Galaxia

xullo, 2022

24xul21:30Nathy Peluso e Tanxugueiras actuarán en CastrelosCONCERTOS | De balde21:30 Parque Castrelos

Nathy Peluso e Tanxugueiras actuarán en Castrelos

O auditorio ao aire libre do parque de Castrelos suma dúas novas datas de concertos: o 24 de xullo, coa actuación de Nathy Peluso e o 30 do mesmo mes, cando se subirán ao escenario as Tanxugueiras.

Nathy Peluso, é unha cantante e compositora arxentina que fusiona os xéneros hip hop, soul, trap, jazz, rap, salsa e swing dentro da súa música con letras de reivindicación feminista. Deuse a coñecer con EP en 2018 ‘La Sandunguera’ e acadouo o éxito co LP publicado en 2020 ‘Calambre’. Foron os seus fans os primeiros en saber que Peluso estará en Vigo, pois a cantante publicou que a súa xira parará na nosa cidade antes de facerse o anuncio oficial desde o Concello.

Tanxugueiras é un trío de pandeireteiras galegas formado por Aida Tarrío e as irmás Olaia e Sabela Maneiro. O seu estilo caracterízase por xuntar instrumentos e ritmos propios do folclore tradicional galego con músicas contemporáneas como o pop, o world music, a elctrónica ou o trap. O pasado 26 de xaneiro acudiron ao festival de Benidorm con Terra, un alalá modernizado co que quedaron terceiras na carreira po representar a España no próximo Festival de Eurovisión. De conseguilo, Terra sería a primeira canción en galego en soar no emblemático concurso europeo.

Polo momento o calendario de concertos en Castrelos queda así:
13/07 Sebastián Yatra
24/07 Nathy Peluso
30/07 Tanxugueiras
04/08 Leiva
06/08 Sting
14/08 Hombres G

Máis

X