
Detalles do eventos
O Conservatorio Superior de Música de Vigo (CSM de Vigo) presenta o IX Festival de Música e das Artes NAS ONDAS, que se desenvolverá entre
Detalles do eventos
O Conservatorio Superior de Música de Vigo (CSM de Vigo) presenta o IX Festival de Música e das Artes NAS ONDAS, que se desenvolverá entre o 20 de febreiro e o 11 de xuño de 2024.
NAS ONDAS ofrecerá na súa novena edición unha programación variada que acentúa os seus acenos de identidade: a produción propia, a presenza de intérpretes procedentes de diferentes institucións europeas e a posta en valor da música galega.
Os 41 eventos, gratuítos e de libre entrada ata completar aforo, celebraranse principalmente no Auditorio Martín Códax aínda que tamén na Igrexa de San Francisco de O Berbés e o Auditorio Praza do Rei. No festival danse cita concertos, obradoiros, clases maxistrais e relatorios articulados en distintos ciclos: De Piano, Semana da Música Antiga, V Semana Internacional do Clarinete, PercusiónFest, Saxornadas, Explurart, Abrente e Semana das Letras Galegas.
NAS ONDAS 2024 pon de manifesto o extraordinario dinamismo do CSM de Vigo, o seu interese e compromiso coa cultura e, sobre todo, a vontade de ofertar á sociedade unha programación musical de calidade que mostre o impacto nacional e internacional do conservatorio e a excelencia do traballo desenvolvido pola súa comunidade educativa.
O martes, 20 de febreiro ás 20 horas, o Auditorio Martín Códax será protagonista dun concerto inédito que
inaugura a novena edición do festival NAS ONDAS organizado polo Conservatorio Superior de Música de
Vigo, a cargo de profesores ucraínos que viaxaron a Vigo para render un novo agradecemento á cidade a
través da interpretación dun repertorio variado de música de cámara con violoncelo, frauta e piano. O xoves
22 de febreiro haberá outra oportunidade para escoitalos, tamén ás 20 horas no citado auditorio, a catro mans
e dous pianos.
Máis
Hora
22 febreiro, 2024 20:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Martín Códax
Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualabril
- Mes actual