REVISTA ABRIL

Nas ondas 2023: Saxornadas 

24abr20:00Nas ondas 2023: Saxornadas CONCERTOS | De balde20:00(GMT+02:00) Auditorio Martín Códax

Detalles do eventos

O saxofón húngaro 
Erzsebet Seleijo (saxofón, Academia de Música Franz Liszt de Budapest), Pablo Rodríguez (piano) 

Erzsébet Seleljo estudou con Kyle Horch no Royal College de Música en Londres e con Lars Mlekusch no Konservatorium Wien Privatuniversität. Completou os seus estudos de doutoramento na Academia Liszt de Música en Budapest, e participou en clases con Claude Delangle, Arno Bornkamp ou Nobuya Sugawa.  Participou en actividades educativas e obradoiros a cargo de London Sinfonietta, English Chamber Orchestra e a Real Orquestra Filharmónica. 

Como solista interpretou os concertos para saxofón de Glazunov e Dubois coa Liszt Chamber Orchestra, estreou o András G. Concerto de Virágh coa Orquestra Sinfónica da Academia Liszt e Hidas`Sax Fantasy coa Győr Symphonic Band. Participa en proxectos contemporáneos co Slovakian Quasars Ensemble,  UMZE e Hungarian contemporary ensemble. Tamén participou en festivais internacionais de música de cámara como Vibrate! Festival en Brasov (Romanía), Opus Amadeus Festival en Estambul (Turquía), ou Festival Académico de Música de Cámara en St Petersburgo (Rusia). Forma dúo coa pianista Irén Seleijo, o dúo de saxofón-arpa Duo SeRa. Ademais de interpretar repertorio orixinal, Erzsébet aposta por estrear novas obras e promover o repertorio húngaro. Actualmente é profesora de saxofón no Bartók Béla Secondary High School of Music e Franz Liszt Academy of Music in Budapest. Erzsébet Seleljo é artista Henri Selmer. 

Luns, 24 ás 20:00 horas no Auditorio Martín Códax do CSMV 

Máis

Hora

(Luns) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Martín Códax

Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events