07mai20:30Nani García Trío & Virxilio da Silvaconcertos | 16,00 €20:30(GMT+02:00) Vitruvia Café
Detalles do eventos
Un encontro entre dúas formas de entender o jazz desde a proximidade e a experiencia. O trío de Nani García con Alfonso Calvo ao contrabaixo e Miguel Cabana
Detalles do eventos
Un encontro entre dúas formas de entender o jazz desde a proximidade e a experiencia. O trío de Nani García con Alfonso Calvo ao contrabaixo e Miguel Cabana á batería propón un estilo onde cada nota atopa o seu lugar con naturalidade e sen exceso nin artificio. A esa construción sonora súmase a guitarra de Virxilio da Silva, que amplía o diálogo e achega unha ollada aberta, contemporánea e precisa.
Non é só un concerto, senón unha conversa musical sostida no tempo, na que a tradición e a exploración conviven solidariamente. Un lugar para deterse, escoitar e recoñecer na música unha forma de pensamento.
Nani García
Paralelamente á súa vinculación ao mundo do jazz, onde o traballo co seu propio trío ten un papel moi relevante e que se prolongou durante toda a súa carreira, Nani García desenvolve a súa traxectoria fundamentalmente no mundo da composición.
Autor de bandas sonoras para longametraxes de animación e ficción, obras de teatro, curtametraxes, programas de TV, obras de concerto sinfónicas e de cámara, e cunha ópera estreada, conta con máis de 100 publicacións e arredor de 700 composicións repartidas en todos os ámbitos da música contemporánea.
Nani García é posuidor de múltiples galardóns de composición ao longo da súa xa dilatada carreira no ámbito da creación musical.
Virxilio da Silva
Licenciado en Jazz pola ESMAE (Porto, Portugal) en 2010, ten ademais o título de Máster polo Conservatorium van Amsterdam (Países Baixos). Conta con preto de corenta referencias discográficas editadas entre colaboracións para outros artistas e os seus propios proxectos.
Actualmente lidera a banda JUZZ, en activo desde 2018, data de lanzamento do seu primeiro disco homónimo. Tamén colidera outros proxectos de natureza moi diversa entre os que destacan Fuzzo, Rubios, Steel Sheep ou The Manueles.
Ao longo da súa traxectoria tocou e gravou con músicos de renome internacional como Walter Smith III, Jonathan Blake, Marcus Gilmore, Ambrose Akinmusire, Myron Walden, Abe Rábade, Paco Charlín, Román Filiú, Perico Sambeat, John Clayton ou Darren Barrett, entre moitos outros.
O seu traballo foi recoñecido con diversos premios, entre eles galardóns en concursos internacionais de jazz e distincións como os Premios Martín Códax da Música.
Data e hora: 07 de maio ás 20:30 h
Prezo: 16,00 €
Reservas: En Vitruvia, info@vitruviacafe.com ou por WhatsApp no 645 996 690
Hora
7 maio, 2026 20:30(GMT+02:00)
Localización
Vitruvia Café
Rúa da Reconquista, 7, 36201 Vigo, Pontevedra



