Detalles do eventos
[Actualización: por mor da chuvia a primeira Picnic Sesión, programada para o 17 de marzo, pasa a celebrarse o 20 de abril]
Detalles do eventos
[Actualización: por mor da chuvia a primeira Picnic Sesión, programada para o 17 de marzo, pasa a celebrarse o 20 de abril]
Este ano o festival Picnic Sesións de Saiáns, organizado pola Asociación Lideiras, cambia de formato e se desenvolverá en tres eventos nos meses de primavera; o primeiro deles este sábado 17 de marzo. A actividade arrancará ás doce do mediodía no privilexiado espazo da Radio Costeira de Saiáns. Brais das Hortas será o primeiro artista en subir ao escenario cun espectáculo dirixido ao público familiar que dará comezo ás 13:00 h. A continuación resoarán os versos afiados da artista viguesa Nadie González que actúa ás 14:00 h. The Manueles serán os encargados de pechar o apartado musical a partir das 16:00 h; o trío formado polo guitarrista Virxilio da Silva, o baixista Juansi Santomé e o batería Chus Pazos deleitarán aos asistentes co seu surf rock californiano.
Fiel ao lema “Natureza, cultura e comunidade”, o festival tamén ofrecerá outras actividades como un obradoiro de diademas de flores que se desenvolverá ás 12:00 e ás 15:30 h, obradoiros medioambientais a partir das 16:30 h, mercado contemporáneo e gastronomía a cargo de diferentes foodtrucks.
O festival, de entrada gratuíta, volverá en abril cunha dobre xornada, que arranca o sábado 20 cun roteiro polo monte forestal de Saiáns e continúa o domingo 21 coas actuacións musicais de Blues do País, The Impossiblues e Black Stereo. No mes de maio, Peter Punk, Su Garrido Pombo e Family Folks actuarán o sábado 12 en Saiáns.

Hora
17 marzo, 2024 12:00(GMT+01:00)
Localización
Baixada á Praia, Saians
Baixada á Praia, 83

