Nadie es Perfecto Blues Band – A Movida

decembro, 2018

01dec22:30Nadie es Perfecto Blues BandCONCERTO | 4,00 €22:30 La Pecera

Máis

Detalles do evento

Nadie Es Perfecto naceu no ano 1998 co obxectivo de xuntar a cinco músicos de diferentes procedencias, algúns con moita experiencia e outros noveis, ó redor dun repertorio de temas propios que, pasando por calquera estilo de música, quería facer chegar as súas letras á xente. Despois de 8 anos de traballo de directo coa mesma formación orixinal, con duas grabacións dos seus temas, o vocalista e compositor decidiu cambiar de rumbo, e a banda optou por reconducir o seu camiño facendo o que máis lle gusta, que é o directo, e na música na que mellor se sinten, o blues e a música negra americana en xeral. De esta maneira, coa inclusión do novo vocalista, a banda quere ofrecer a súa visión de clasicos do blues ata o funky, pasando polo rithm\’n blues ou o soul, e revisando outros temas na nosa visión máis bluseira, ofrecendo toda a nosa experiencia no directo.

Nacho Lamas-Guitarra e voz solista, Juan D. Tilve-Teclado e voz, J.L.Rey-Guitarra e voz, Iban Santos-Baixo, Jito Iglesias-Batería e voz.

Hora

(Sádado) 22:30

Lugar

La Pecera

Rúa de Pizarro, 35, 36204 Vigo, Pontevedra

X