Nadie es perfecto blues band – A Movida

outubro, 2018

27out23:00Nadie es perfecto blues bandCONCERTO | 3,00 €23:00 Contrabajo Club

Máis

Detalles do evento

Nadie Es Perfecto naceu no ano 1998 co obxectivo de xuntar a cinco músicos de diferentes procedencias, algúns con moita experiencia e outros noveis, ó redor dun repertorio de temas propios que, pasando por calquera estilo de música, quería facer chegar as súas letras á xente. Despois de 8 anos de traballo de directo coa mesma formación orixinal, con duas grabacións dos seus temas, o vocalista e compositor decidiu cambiar de rumbo, e a banda optou por reconducir o seu camiño facendo o que máis lle gusta, que é o directo, e na música na que mellor se sinten, o blues e a música negra americana en xeral. De esta maneira, coa inclusión do novo vocalista, a banda quere ofrecer a súa visión de clasicos do blues ata o funky, pasando polo rhythm&blues ou o soul, e revisando outros temas na nosa visión máis bluseira, ofrecendo toda a súa experiencia no directo.

Hora

(Sádado) 23:00

Lugar

Contrabajo Club

Rúa de Venezuela, 82, 36204 Vigo, Pontevedra

X