REVISTA NADAL

Nadal Bus

09decTodo o díaNadal BusAS NOSAS FESTAS | 7,00 €(Todo o día)(GMT+01:00) Farola de Urzáiz

Detalles do eventos

Volve o Nadal Bus! Apetéceche un circuíto panorámico polas rúas máis iluminadas de Vigo? Se viaxas con nenos, dispós de pouco tempo ou simplemente non te apetece camiñar, o Nadal Bus é unha opción excelente para ver as zonas máis emblemáticas do Nadal vigués.

A saída e a chegada realizarase desde a Farola de Urzáiz, cunha ruta duns 50 minutos de duración, tratándose dunha forma rápida e cómoda de poder ver a iluminación do Nadal de Vigo desde outra perspectiva.

O custe de realizar estas viaxes será de 5€ para os usuarios da Pass Vigo, e de 7€ para o resto de usuarios. Os billetes poderán ser adquiridos a través da plataforma Woutick! e a pé de bus, sempre que queden prazas. O bus conta con dúas plantas, no que existen 78 prazas e unha a maiores para persoas con mobilidade reducida.

Horarios:
Venres, sábados e véspera de festivos:18:30, 19:30 e 20:30 h
Domingos, festivos e resto dos días de semana:18:30 e19:30 h
* Soamente non existirá este servizo o día 31 de decembro pola carreira da San Silvestre e o 5 de xaneiro pola Cabalgata de Reis.

Máis

Hora

9 decembro, 2022 (Todo o día)(GMT+01:00)

Localización

Farola de Urzáiz

Rúa de Urzáiz, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events