>

19set21:00Nacho Novoa BandCONCERTOS | -21:00(GMT+02:00) La Pecera

Detalles do eventos

Vigo suma unha nova banda á súa escena musical. Nacho Novoa Band prepara a súa estrea oficial sobre os escenarios despois de meses traballando nun repertorio propio. A formación está composta por Paco Araújo á voz, Jaime Garrido ao baixo, Brais Verde á batería e Nacho Novoa á guitarra, cunha maioría viguesa e o baterista chegado desde A Guarda.

O grupo aposta por música propia, construída durante este tempo de ensaios e preparación, e dará agora o salto ao directo cun primeiro concerto que servirá como carta de presentación ante o público.

A estrea terá lugar o próximo sábado 19 de setembro en La Pecera. Será a primeira oportunidade para descubrir en directo o son e as cancións dunha formación que comeza agora a súa andaina nos escenarios vigueses.

Antes do concerto xa é posible achegarse á súa música a través dos seus perfís en Instagram, YouTube e SoundCloud, onde a banda está compartindo parte do seu traballo.

Hora

19 setembro, 2026 21:00(GMT+02:00)

Localización

La Pecera

Rúa de Pizarro, 35, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events