Na procura do tesouro de Jules Verne

05nov10:00Na procura do tesouro de Jules VerneACTIVIDADES PARA O COCO | De balde10:00(GMT+01:00) Liceo Marítimo de Bouzas

Detalles do eventos

A Asociación de Navegantes Virazón en colaboración coa Sociedade Jules Verne de Vigo organiza unha saída na ría de Vigo o vindeiro sábado 5 de novembro de 2022 que terá como protagonista Jules Verne e para a que é preciso ter unha embarcación de recreo para participar.

A actividade comezará ás 10 da mañá cun encontro no salón de actos do Liceo de Bouzas. Alí será entregada a documentación para participar na proba, unha excursión de lecer na que os participantes deberán resolver diversas pistas e probas para atopar o ‘tesouro’ de Jules Verne na ría de Vigo.

Ás 11 os barcos participantes reuniranse na dársena de Bouzas para a saída, mentres que a chegada está prevista en Rande ás 15.

Así que só vos resta apuntaros se contades cun barco ou poñervos en contacto con alguén que participe, así como coa Asociación de Navegantes Virazón.

Máis

Hora

(Sábado) 10:00(GMT+01:00)

Localización

Liceo Marítimo de Bouzas

Rúa de Eduardo Cabello, 8, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events