OV430

30dec17:0022:00Sinsal Audio propón cinco horas de música experimental e electrónica local para despedir o anoCONCERTOS | Desde 11,00 € 17:00 - 22:00(GMT+01:00) MUTA

Detalles do eventos

A promotora musical Sinsalaudio e o espazo mutante para eventos MUTA unen forzas e propoñen na tarde do 30 de decembro unha reunión sonora con artistas locais para despedir o ano. A iniciativa, coñecida como MUTASons, desenvolverase entre as 17.00 e as 22.00 horas do martes 30 no recinto da rúa Joaquín Loriga. As entradas xa
están á venda, desde 10€, a través da plataforma web Woutick.

MUTASons é un encontro sonoro que nace para reunir á escena vinculada á creación contemporánea, particularmente da música experimental e sonora, para despedir o ano. Artistas, DJs e proxectos vinculados á escena participarán nunha xornada que tamén conta coa implicación do creador Fon Román. Ao longo de cinco horas, sucederanse os DJ sets, directos e propostas híbridas, dando boa conta da ampla e rica diversidade musical que se vive e escoita na rexión, e que se move entre a electrónica, a experimentación sonora e a cultura club.

Entre as participantes, estarán DJs como Phonotoner, Wabii & Yung Denzo Djs, AKAZIE, Arkestra Djs (BFlecha e Mwëslee) e Viktor Flores; e haberá dous ‘live’ da man de Marco Maril e Fon_os. Tamén haberá espazo para dar conta de novos proxectos, como ‘Mydriasis’, unha investigación multisensorial realizada por Mateo Mena e Anna Matveinen, ou LivePixel, a innovadora proposta na que conflúen Marta Verde e Juanma LoDo e na que se mesturan ata nos seus propios nomes artísticos (pasando a ser, no escenario, Marta LoDo e Juanma Verde). Ademais, Sinsalaudio gravará un podcast con entrevistas e que dará conta do que foi, musicalmente, o ano 2025 para a escena viguesa experimental.

ENTRADAS AQUÍ

17.00 horas – Phonotoner and Sinsalaudio Djs (Podcast)
17.30 horas –  Wabii & Yung Denzo Djs (dj set)
18.00 horas – Mateo Mena e Anna Matveinen: Presentación da Investigación multisensorial ‘Mydriasis’.
18.20 horas – ⁠AKAZIE (dj set)
19.00 horas – Marco Maril (live)
19.30 horas – TBC
20.00 horas – LivePixel, con Marta LoDo e Juanma Verde (live)
20.30 horas – Arkestra Djs (dj set)
21.00 horas – Fon_os (live)
21.30 horas – DJ Viktor Flores (dj set) 

Hora

30 decembro, 2025 17:00 - 22:00(GMT+01:00)

Localización

MUTA

MUTA, Rúa de Joaquín Loriga, 9, Santiago de Vigo, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events