REVISTA A MOVIDA >

12xuñ(xuñ 12)19:0015ago(ago 15)20:30'MUTANTES'ARTE E MUSEOS | De balde19:00 - (agosto 15) 20:30(GMT+02:00) Galería Maraca

Detalles do eventos

A partir do xoves, 12 de xuño, a Galería Maraca acolle a exposición Mutantes, do artista Pelucas coa colaboración dos nenos e nenas de 3 a 5 anos da Escola Monte do Alba, nun proceso creativo compartido. Partindo do universo visual de Pelucas -libre, intuitivo e profundamente expresivo-, explórase o resultado de empregar a arte coma linguaxe común.

Pelucas é un artista galego, dos maiores expoñentes do muralismo da nosa comunidade. As súas pintadas e murais pódense ver en boa parte do mundo: Mexico, Portugal, Alemaña… Móvese nas marxes do surrealismo, o urbano e o simbólico. Nesta ocasión, embárcase nun proxecto moi especial xunto a Escola Monte do Alba. A exposición é froito dese cruzamento de miradas: unha colección de pezas híbridas, inesperadas, cheas de cor e emoción. Obras que non pertencen a unha soa man, senón a moitas. E que, precisamente por iso, transfórmanse. Por iso Mutantes. Porque aquí todo se mestura, estírase, se deforma, vólvese outra cousa. Porque os trazos, os personaxes e as ideas cambiaron de forma ao pasar dunhas mans a outras.

A exposición serve tamén coma unha declaración de que a creatividade ten lugar nas escolas e a infancia sabe debuxar mundos. Deféndese, así, a entrada da arte nas aulas.

HORARIO DE VISITA

  • De luns a sábado: 11:3014:00 h e 17:0020:30 h

Hora

12 xuño, 2025 19:00 - 15 agosto, 2025 20:30(GMT+02:00)

Localización

Galería Maraca

Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events