MUTANTE

27nov18:00MUTANTECONCERTOS | 7,00€18:00(GMT+01:00) MUTA

Detalles do eventos

Salitre Vigo presenta a súa nova cara ‘Mutante’ en MUTA.

Mutar no seu significado biolóxico literal é facer que o material xenético dun ser vivo sufra alteracións e cambios, pero mutar nun significado non literal tamén é crecer.

‘Mutante’ nace co fin de abrir o proxecto a novos espazos e seguir tendendo pontes entre artistas, dando máximo peso á arte contemporánea nunha contorna mutante.
A base desta nova cara da promotora é a música horizontal de escoita e a pintura, abrindo un fío condutor entre estas dúas disciplinas artísticas, dous piares distintos que soportan o peso do pasado, presente e futuro da vangarda artística.

O espazo elixido e do cal nace o concepto “SALITRE MUTANTE” é MUTA. Un espazo de carácter industrial enfocado á arte, situado no centro da cidade de Vigo.

A presentación de ‘Mutante’ será o sábado 27 de novembro de 18:00 a 22:00 horas.
O evento conformarase en dous espazos: a exposición de pintura no piso superior composta por obras dos artistas Beatriz Albaladejo (A Coruña) e Manuel Salgado (Madrid) e o concerto na sala Nuñez do músico Death Whistle (Lugo), que será a gran proposta cun ao vivo modular A/V, acompañado este último polos djs F- ON (Madrid) e Vrika (Madrid). O servizo de coctelería estará a cargo dos mozos de VITTER Bar. Para completar a xornada, xa en horario nocturno de 00:30 a peche, a sala SUB de Mondo estará capitaneada polos djs F- ON e Southear.

Entradas á venda en https://ra.co/events/1479107

Máis

Hora

(Sábado) 18:00(GMT+01:00)

Localización

MUTA

Rúa de Joaquín Loriga, 9, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events