22mai20:00Mutacións #6: Os escuros versos de ClíoCONCERTOS | 15,00 €20:00(GMT+02:00) MUTA
Detalles do eventos
Pecha o curso de Mutacións unha das voces máis singulares da poesía galega contemporánea: Silvia Penas, poeta e performer, presentará unha intervención escénica inspirada na obra de Carlos
Detalles do eventos
Pecha o curso de Mutacións unha das voces máis singulares da poesía galega contemporánea: Silvia Penas, poeta e performer, presentará unha intervención escénica inspirada na obra de Carlos Casares.
Silvia Penas (Vigo, 1980) atesoura unha obra intensa, recoñecida con numerosos premios e tamén presente no espazo público: un fragmento do seu poema A elas está gravado en bronce na rúa do Príncipe de Vigo, xunto co de María Xosé Queizán. En Mutacións #6 non veredes unha promesa, senón unha artista consolidada cunha voz radicalmente presente.
Ao remate, compartirase viño e petiscos nun ambiente distendido, para conversar e seguir gozando da cultura con calma.
Reservas en muta@muta.gal
Hora
22 maio, 2025 20:00(GMT+02:00)
Localización
MUTA
MUTA, Rúa de Joaquín Loriga, 9, Santiago de Vigo, 36203 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
decembro



