Detalles do eventos
A música, entendida como patrimonio común e non como luxo para minorías, é o espírito que inspira MusicaV, festival que celebra a súa terceira edición
Detalles do eventos
A música, entendida como patrimonio común e non como luxo para minorías, é o espírito que inspira MusicaV, festival que celebra a súa terceira edición este mes de outubro en Vigo. Durante cinco noites, o Auditorio Rosalía de Castro, situado no Teatro García Barbón, e o Vitruvia Café converteranse en escenarios onde dialogarán o jazz, a música clásica e o cinema. A programación busca ser clara, accesible e ao mesmo tempo rigorosa, co obxectivo de achegar estes xéneros a un público amplo. As entradas teñen un prezo de 15 € (+1,6 € de gastos) no teatro e 18 € (+ 1,8 € de gastos) no Vitruvia, con posibilidade de adquirir un abono para 4 concertos a 52 € (+ 5,2 € de gastos).
O segundo concerto trae a Vigo ao portugués José Valente, considerado un dos músicos lusos máis innovadores da súa xeración. Viola de arco en man, Valente combina jazz, improvisación, música contemporánea e tradición popular nun estilo que el mesmo define como “jazz filarmónico”. A súa traxectoria interdisciplinaria e arriscada promete unha noite de exploración sonora no espazo máis íntimo do festival.
PROGRAMACIÓN COMPLETA
- 7 de outubro ás 20:30 h no Auditorio Rosalía de Castro | Vitruvia Art Ensemble (apertura)
- 14 de outubro ás 20:30 h no Vitruvia Café | José Valente: Quem é o José Valente
- 21 de outubro ás 20:30 h no Auditorio Rosalía de Castro | De Bach a Glass
- 22 de outubro ás 20:30 h no Auditorio Rosalía de Castro | Charo Quicler Jazz Band
- 28 de outubro ás 20:30 h no Auditorio Rosalía de Castro | Cine-concerto: Nosferatu (clausura)
Hora
14 outubro, 2025 20:30(GMT+02:00)
Localización
Vitruvia Café
Rúa da Reconquista, 7, 36201 Vigo, Pontevedra



