novembro, 2019

30nov20:00MUSICAS E DANZAS DO MUNDOESPECÁCULOS | 11,00 €20:00 Teatro Salesianos

Máis

Detalles do evento

Tras o gran éxito na estrea oficial do espectáculo MUSICAS E DANZAS DO MUNDO, decidiron realizar unha pequena xira por Galicia.

Empeza o sábado 30 de novembro no Cinema Teatro Salesianos Vigo onde vos convidan a que nos acompañedes nesta VIAXE CULTURAL tan emocionante que prepararon a través deste espectáculo que fusiona a música en directo e as danzas típicas do folclore internacional, cunha gran proxección audiovisual.

A Banda de música de Chapela, baixo a dirección de Andrés Álvarez – Compositor , é a encargada de interpretar as músicas en directo e está acompañada da Compañia de Danza PORTÉ (Alex Shasa, Maria Rial Villar, Sheila Quico, Rubo Vigo, Javier Romero), que realizarán as distintas danzas típicas do folclore internacional.

A doce voz en off pertence á actriz Humy Doado .

O espectacular vestiario foi realizado pola marca EMECE mc sport wear do prestixioso deseñador galego Marcos Carrera , que vestirá aos bailaríns cos traxes típicos de cada país.

A incrible posta en escena audiovisual corre a cargo de 2 MediaPro e o son e iluminación realízano os grandes profesionais de GlobalSetup.

Hora

(Sádado) 20:00

Lugar

Teatro Salesianos

Rúa de Venezuela, 3, 36203 Vigo, Pontevedra

X