25out18:00Musical 'O libro da selva'ESPECTÁCULOS | Desde 11,00€18:00(GMT+02:00) Sala Ártika

Detalles do eventos

Unha reinterpretación contemporánea do clásico de Kipling, creada por Ártika Cía e dirixida a público familiar (+5 anos). Cun elenco de cinco actores e música orixinal en galego, o espectáculo explora valores como a diversidade, a cooperación e a sustentabilidade nunha posta en escena chea de enerxía, humor e emocións. Unha experiencia musical e visual para redescubrir a selva… ou quizais, a cidade.

SINOPSE

Nun mundo urbano que se converte nunha nova selva, Mowgli é unha nena criada entre animais que teñen moito que dicir sobre o mundo actual. Punkies, rapeiros e heavys substitúen aos lobos, monos e voitres do conto orixinal, nunha viaxe chea de ritmo, humor e aprendizaxes. Acompañada por Baloo, Bagheera, Kaa ou Raksha, Mowgli deberá enfrontarse á ameaza de Shere Khan e descubrir quen é realmente, entre luces de cidade, música en directo e moita acción.

FICHA ARTÍSTICA

Aurtor/ Creador: Rudyard Lipling

Dirección: Marcos Alonso

Dramaturxia: ÁRTIKA CÍA

En escena: Fernanda Barrio, Yoel Alonso, Marcos Alonso, Rocío Salgado e Irene Lorenzo

ENTRADAS AQUÍ

Hora

25 outubro, 2025 18:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events