MÚSICA NAS BILLAScervexa AleAlé

20xan20:3023:59MÚSICA NAS BILLAScervexa AleAléGASTRO | De balde20:30 - 23:59(GMT+01:00) Cervexaría Leria

Detalles do eventos

Cervexa AleAlé visita Pontevedra e Vigo para presentar as súas novas cervexas de tempada. Unha serie de eventos cuio denominador común é que se poderán degustar tres orixinais cervexas de edición limitada que reinterpretan receitas de cervexa históricas dun xeito vanguardista e que xa se atopan esgotadas. Ademáis contarán coa presencia dos seus mestres cervexeiros para falar coas persoas asistentes e desvelar algúns segredos da súa elaboración, sorteos de produto e moita música.

Venres 20 presentaranse en Leria (20:30), un dos novos locais cervexeiros de referencia en Vigo, da man da marca de cervexa local Irmaos de Lei. Ao longo deste evento poderemos disfrutar da música do coñecido Dj local Beer Miglio, cunha selección de temas de mambo, cumbia e outros ritmos. Como guinda, AleAlé estréase na Sala Kominsky (00:30), onde haberá algunha sorpresa para as persoas asistentes.

AleAlé é unha marca local xove e innovadora que produce cervexa natural fresca, sin pasteurizar, elaborada en fábricas de Glicia e O Bierzo. Alé inspira as súas receitas en estilos de cervexa moi diferentes e de edición limitada. Nesta ocasión preséntase con tres variedades xa esgotadas e que só poderás probar nesta ocasión: unha Hazy IPA super lupulada con matices de piña e cítricos, unha Fruit Sour moi refrescante e lixeira, con kilos de frambuesa e unha Imperial Stout con café dun torradeiro local coruñés, cacao e madeira de carballo infusionada en whiskey irlandés e vainilla. Ofrece de xeito permanente outras variedadesque pod es atopar na súa pásxina web, do que tamén forma parte unha edición especial de cervexas a través da cal recauda fondos para deseucaliptización.

Máis

Hora

(Venres) 20:30 - 23:59(GMT+01:00)

Localización

Cervexaría Leria

Rúa Teófilo Llorente, 12, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events