Música e videoxogos: unha odisea sinfónica

23dec20:00Música e videoxogos: unha odisea sinfónicaCONCERTOS | 10,00 €20:00(GMT+01:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

“Música e videoxogos: unha odisea sinfónica” é o título do orixinal concerto que terá lugar o venres ás 20.00 horas. A actuación ofrecerá un percorrido pola historia da música dos videoxogos, desde os anos 80 do século XX ata a actualidade, a través dunha coidada selección feita pola musicóloga Erea Carbajales e o músico Brais González. As músicas de xogos míticos como The Legend of Zelda, Super Mario, Crash Bandicoot ou Mortal Kombat, serán revisadas pola Orquestra Vigo 430, baixo a dirección de Isabel Rubio, que contará coa colaboración en directo do YouTuber e gamer León Picarón, quen fará unha demostración con varios xogos mentres soan as músicas.

Podes saber máis sobre este evento neste artigo.

Venres 23 ás 20h, entradas á venda en Teuticket.

Máis