REVISTA FEBREIRO

04set19:30'Terrazas de verán': ÁureasCONCERTOS | De balde19:30(GMT+02:00) Biblioteca Xosé Neira Vilas

Detalles do eventos

A Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas organiza unha programación no mes de setembro titulada Terrazas de Verán. Nela, apovéitanse as últimas tardes desta estación do ano para realizar certas actividades ao aire libre, que xirarán arredor da música, a literatura e a ciencia. O xoves 4 de setembro, ás 19:30 h, celébrase o concerto de Áureas, un conxunto internacional dos anos 20 de corda, vento e percusión.

As actividades programadas neste evento son as seguintes:

  • Do 1 de xullo ao 30 de setembro | Cita a cegas

Trátase dunha iniciativa para os socios da biblioteca que consiste en coller un paquete pechado e levalo a casa sen saber o que hai no interior. Ao abrilo, pódese descubrir unha lectura que a priori non coincida cos gustos persoais, pero o interesante é darlle unha oportunidade para descubrir un potencial novo amor literario.

  • Xoves 4 de setembro ás 19:30 h | Concerto de Áureas

Dirixido a un público xeral, non necesariamente socios da biblioteca, pódese gozar do concerto de Áureas. Trátase dun conxunto internacional dos anos 20 de corda, vento e percusión que interpreta os ritmos de comezos do século pasado. O grupo está conformado por unha arxentina, unha polaca, unha brasileira e unha galega. Todas elas, unidas polo seu amor pola música e pola necesidade de migrar. A entrada é libre ata completar o aforo.

  • Xoves 11 de setembro ás 19:30 h | Encontro con María Xosé Porteiro

Os lectores poderán participar nun encontro coa escritora María Xosé Porteiro, nun formato informal, a modo de “charla amigable”, onde os participantes poden preguntar e intervir arredor do mundo literario.

  • Venres 26 de setembro ás 19:30 h | G-Night: Charla científica

Trátase dun evento coordinado pola UVigo que achega a ciencia a rúas, museos, institucións educativas, bares e á Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas.  O venres 26 de setembro ás 19:30 h, celébrase unha conferencia científica que conmemora un ano máis a Noite europea das persoas investigadoras. A entrada é libre ata completar o aforo.

Hora

4 setembro, 2025 19:30(GMT+02:00)

Localización

Biblioteca Xosé Neira Vilas

Avenida de Emilio Martínez Garrido, 21, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events