
Detalles do eventos
O Museo Verbum de Vigo, tamén chamado Casa das Palabras, é un dos más abraiantes: recoñecerás a súa silueta de liñas limpas en canto chegues á Praia de Samil, onde se
Museo Verbum
O Museo Verbum de Vigo, tamén chamado Casa das Palabras, é un dos más abraiantes: recoñecerás a súa silueta de liñas limpas en canto chegues á Praia de Samil, onde se localiza este moderno centro cultural de Vigo, proxectado polo arquitecto galego César Portela. O Verbum é un museo interactivo que permite experimentar e coñecer, a través de xogos, todo o relacionado coas linguaxes, os idiomas, as palabras, as letras, os sons, os signos… En definitiva, todas as formas de expresión da comunicación humana.
O museo organízase en 29 cubos que conteñen un total de 81 módulos, nos que desenvolven as distintas temáticas do museo: linguaxe, ciencia, literatura e tecnoloxía. Ademais o museo organiza actividades interactivas destinadas a escolares, asociacións, familias, etc.
Dirección: Avda. de Samil 17
Teléfono: 986 240 130
Correo electrónico: verbum@vigo.org
Horarios:
Martes a venres: de 17:00h a 20:00h.
Sábados, domingos e festivos: de 12:00 a 14:00h.
Entrada gratuita ata completar aforo.
Visita con cita previa para grupos no teléfono 986 240 130.
Máis

Xaneiro 1 (Venres) 00:00 - Decembro 31 (Venres) 23:50
Museo Verbum
Av. Samil, 17, 36212 Vigo, Pontevedra