GFFF

"Mururoa" de Miguel Martín

12set20:00"Mururoa" de Miguel MartínACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00

Detalles do eventos

 Trátase da primeira novela de Miguel Martín, xornalista, concelleiro e autor vigués que arrancando da desaparición dunha rapaza afonda no desacougo que produce a inseguridade e a incerteza na que nos vemos ás veces confrontados tanto a nivel persoal coma colectivo cando cambian de súpeto as nosas circunstancias cotiás.

 O acto é gratuito e de acceso libre ata completar aforto e contará, amáis da intervención do autor, Miguel Martín, coa introdución do editor e escritor Marcos Calveiro. Tras a presentación haberá o correspondente coloquio e sinaturas.

SINOPSE

Mururoa é unha novela que afonda no comportamento humano, tanto a nivel individual como colectivo, diante de noticias que nos afectan no máis profundo do noso ser coma se fosen a explosión dunha bomba atómica.

Unha rapaza, Iria, desaparece sen rastro ningún, pero deixa un profundo desacougo na súa familia que, de súpeto, aprende que significa a palabra “amor” logo dunha vida en que cada quen ía ao seu. A desaparición da moza levará a todos a reflexionar sobre os seus sentimentos e a dependencia que temos cos que nos rodean. Ao tempo, algo pasa na vila, que tronza o cotián e que lembra ás xentes do lugar a nosa vulnerabilidade máis absoluta fronte a unha falsa sensación de protección.

Máis

Hora

(Martes) 20:00

Localización

Librouro

Rúa de Eduardo Iglesias, 12, 36202 Vigo, Pontevedra