Mulleres na Galiza Republicana – A Movida

abril, 2018

19abr19:00Mulleres na Galiza RepublicanaCONFERENCIA | De balde19:00 Casa Galega da Cultura

Máis

Detalles do evento

Dende a Marea Feminista, despois dun 8 de Marzo intenso e histórico, queren lembrar ás mulleres que fixeron parte do proceso democrático do estado español e que quedaron relegadas á indiferenza da historia no período histórico da II República española.

Mulleres que loitaron para que estar na vida pública igual que os homes, para que todas as mulleres tiveran acceso á educación e á alfabetización, que loitaron pola súa autonomía e independencia económica, pola maternidade consciente (acceso aos métodos anticonceptivos) así como outros dereitos civís destacados (1ª Lei do Divorcio, Lei do Aborto), asociacionismo feminino, etc.

Para iso contan coa participación de Aurora Marco, doutora en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela onde exerce como catedrática de Lingua e Literatura Galega na facultade de Ciencias da Educación da mesma universidade. É presidenta da Sociedade Española da Didáctica da Lingua e da Literatura .

Convidanvos pois a participar deste evento no que se reflexionará sobre o importante papel que as mulleres tiveron durante a II República en España e como o descoñecemento destes feitos supuxo un retroceso nos diferentes aspectos educativos, sociais e políticos que lastramos na actualidade.

A conferencia terá lugar o vindeiro xoves 19 de Abril ás 19h na Casa Galega da Cultura.

Hora

(Xoves) 19:00

Lugar

Casa Galega da Cultura

Casa Galega da Cultura 36202 Vigo Pontevedra

X