Mulleres galegas na ciencia e nas tecnoloxías – A Movida

abril, 2018

24abr19:30Mulleres galegas na ciencia e nas tecnoloxíasMESA REDONDA | De balde19:30 Edificio Gambón

Máis

Detalles do evento

O próximo 24 de abril, martes, o Ateneo Atlántico, en colaboración coa Escola de Enxeñaría da Telecomunicación da Universidade de Vigo, e baixo o título xenérico, Vai Violeta, inicia un novo ciclo de mesas redondas para salientar o papel da muller galega no mundo da ciencia e da tecnoloxía.

Deste xeito, na primeira mesa, que leva por título Mulleres na Ciencia e na Tecnoloxía, cinco mulleres debaterán sobre a situación da muller na ciencia e na tecnoloxía, desde as perspectivas da academia, a industria e a enxeñaría. Achegarán datos obxectivos que reflictan a realidade, reflexionarán sobre as súas causas, consecuencias e estratexias de mellora, e achegarán experiencias persoais no seu desenvolvemento profesional.

As participantes na mesa, por orde alfabética, son:
– Beatriz Legerén Lago, profesora na Facultade de Comunicación e Ciencias Sociais da
Universidade de Vigo.
– Edita de Lorenzo, Profesora titular do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo.
– Berta Ruíz, enxeñeira responsable da Área de Instrumentación e Ensaios Eléctricos no Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG).
– Soledad Torres Guijarro, profesora na Escola de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo.
Actuará como presentadora e moderador da mesa Ana Lahuerta.

Hora

(Martes) 19:30

Lugar

Edificio Gambón

Rúa Palma, 4, 36202 Vigo, Pontevedra

Organizador

X