08mar10:00Mulleres de SálvoraACTIVIDADES PARA O COCO | 25,00 €10:00(GMT+01:00) Bueu
Detalles do eventos
Piratas de Nabia conmemora o 8M cunha viaxe especial en homenaxe ás mulleres de Ons e Sálvora para render homenaxe ás mulleres que formaron parte da historia e
Detalles do eventos
Piratas de Nabia conmemora o 8M cunha viaxe especial en homenaxe ás mulleres de Ons e Sálvora para render homenaxe ás mulleres que formaron parte da historia e da vida cotiá das illas.
A iniciativa permitirá visitar dúas illas nunha mesma xornada, combinando navegación e rutas guiadas con divulgación histórica en clave de xénero, poñendo o foco no papel esencial das mulleres nestes territorios insulares. Durante séculos, as mulleres de Ons e Sálvora foron piares fundamentais da vida nas illas. Mariscadoras, traballadoras da terra e sustentadoras do fogar en contextos de especial illamento, o seu labor foi decisivo para a supervivencia destas comunidades.
Como complemento, quen o desexe poderá gozar dun Cocido Galego no restaurante Casa Acuña, na Illa de Ons, por 29 euros adicionais.
A saída está prevista o 8 de marzo desde o porto de Bueu ás 10:00 horas, con regreso ás 17:30. Prezo: 25 € adultos e 12,50 € nenos.
Máis información e reservas en www.piratasdenabia.com
Hora
8 marzo, 2026 10:00(GMT+01:00)
Localización
Bueu
Bueu, Pontevedra

