
17mai20:30'Mulleres de conto'ESPECTÁCULOS | Desde 11,00 €20:30(GMT+02:00) Sala Ártika
Detalles do eventos
Mulleres de conto é unha sesión de narración oral dirixida a público adulto e adolescente, que mestura contos tradicionais e historias de vida real para
Detalles do eventos
Mulleres de conto é unha sesión de narración oral dirixida a público adulto e adolescente, que mestura contos tradicionais e historias de vida real para dar voz a heroínas anónimas. A través do fío da (des)igualdade, este espectáculo revive relatos conmovedores, ás veces duros, ás veces cheos de humor, pero sempre necesarios para reflexionar sobre a memoria, a xustiza e a resiliencia das mulleres esquecidas pola historia.
SINOPSE:
Mulleres de conto é unha proposta de narración oral que mergulla o público en relatos onde as mulleres, aínda sen aparecer nos libros de historia, brillan como verdadeiras protagonistas. Mesturando contos tradicionais con historias de vida reais, a sesión ofrece unha viaxe emocional pola memoria e a resistencia feminina. A través do humor, a emoción e a reflexión, reivindícase a voz das que non a tiveron, visibilizando a desigualdade e celebrando a fortaleza das mulleres que camiñaron entre sombras e obstáculos. Un espectáculo para público adulto e adolescente, tan conmovedor como necesario.
Máis
Hora
17 maio, 2025 20:30(GMT+02:00)
Localización
Sala Ártika
Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual