Detalles do eventos
A Cátedra Internacional José Saramago da Universidade de Vigo promove a segunda edición do ciclo de cinema Mulleres de Abril, baixo o lema Activistas: cinema por mulleres.
Detalles do eventos
A Cátedra Internacional José Saramago da Universidade de Vigo promove a segunda edición do ciclo de cinema Mulleres de Abril, baixo o lema Activistas: cinema por mulleres.
Esta edición está dedicada a filmes dirixidos por mulleres que centran a súa mirada en protagonistas femininas, cuxas traxectorias vitais e de activismo social e político ocupan o eixo central das narrativas cinematográficas galegas, lusófonas e anglófonas seleccionadas. A programación inclúe maioritariamente documentais —coa excepción do clásico Sambizanga— que entrelazan historia, memoria, xénero, dereitos laborais e loitas políticas. Trátase dunha escolma de obras que abren a porta a debates diversos e de gran actualidade. Por iso, ao remate de cada proxección, se contará cun espazo de conversa con convidadas especialistas nas temáticas tratadas.
PROGRAMA:
16 DE OUTUBRO:
Con Xisela Franco
12 de maio de 1937
(Mar Caldas, 2025)
As Pioneiras do Cinema em Língua Portuguesa
(Luísa Sequeira, 2023)
Margarita Ledo, parolar cun eu (Xisela Franco, 2021)
23 DE OUTUBRO:
Con Margarita Ledo Andión
Nación
(Margarita Ledo Andión, 2020)
30 DE OUTUBRO:
Con María Platas Alonso
Chisholm ’72: Unbought and Unbossed
(Shola Lynch, 2004)
6 DE NOVEMBRO:
Con Ana Cristina Pereira
Sambizanga
(Sarah Maldoror, 1972)
20 DE NOVEMBRO:
Con Egídia Souto
Cesária Évora
(Ana Sofia Fonseca, 2022)
27 DE NOVEMBRO:
Con Toya Prudêncio
Mulheres do Meu País
(Raquel Freire, 2019)
4 DE DECEMBRO:
Con Sara Tabuyo
RBG
(Betsy West &Julie Cohen, 2018)
11 DE DECEMBRO:
Con Lúcia Liberato Evangelista
Barones
(Juliana Antunes, 2017)
Hora
11 decembro, 2025 18:00(GMT+01:00)
Localización
Edificio Cambón
Rúa Palma, 4, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
novembro



